jueves, 30 de octubre de 2014

CASSINI FOTOGRAFA UN MAR SOLEADO EN TITÁN

A nave espacial Cassini da NASA conseguiu tomar esta impactante fotografía de Titán, a gran lúa de Saturno, na que se aprecia a luz do Sol reflectida nos mares de hidrocarburos.

No pasado, a Cassini capturara, por separado, imaxes dos mares polares e do Sol brillando sobre eles, pero esta é a primeira vez que ambos os dous foron vistos xuntos na mesma instantánea.

Na fotografía tamén se aprecian brillantes nubes de metano que se penden preto do polo norte de Titán. As nubes poderían repoñer activamente os lagos con precipitacións. De igual forma, un bordo brillante arredor de Kraken Mare, o mar que contén o reflexo solar, indica que este mar foi máis grande nalgún momento, pero que a evaporación diminuíu o seu tamaño.

Os mares de Titán son na súa maioría de metano líquido e etano. Antes da chegada de Cassini a Saturno, os científicos sospeitaban que Titán podería ter corpos de líquido abertos na súa superficie.Cassini encontrou grandes campos de dunas de area preto do ecuador e nas latitudes máis baixas, pero descubriu lagos e mares preto dos polos, especialmente no norte.



No hay comentarios:

Publicar un comentario