jueves, 23 de octubre de 2014

PREVENCIÓN DO ÉBOLA

Segundo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) o control e prevención do virus do Ébola baséase en tres piares fundamentais:

Controlar a infección en animais: actualmente non hai vacinas dirixidas a previr a infección por virus do Ébola-Reston en animais, é por iso que se deben aplicar métodos químicos de desinfección utilizando hipoclorito de sodio e outros deterxentes de forma regular nas granxas de animais como monos e porcos. Ante a sospeita de calquera brote do virus os animais deben poñerse en corentena ou poderían mesmo sacrificarse para evitar a transmisión a seres humanos.
Diminuír o risco da infección humana: ao non existir unha vacina para seres humanos nin tampouco un tratamento específico contra a infección polo virus do Ébola a educación da poboación en risco é unha arma fundamental. Débense implementar campañas de concienciación sobre os distintos factores de risco e as medidas de protección fronte a eles. En certos países africanos, ao acontecer un brote de ébola actívanse mecanismos de información e difusión de mensaxes para reducir os riscos de transmisión, os cales deberán enfocarse nos seguintes aspectos:
Diminuír o contacto con animais salvaxes que puidesen estar infectados como simios, monos e algúns tipos de morcegos. Evitar o consumo de carne crua.
Emprego de luvas e pezas protectoras para manipular animais.
Utilizar luvas, máscaras e batas especiais para diminuír o risco de transmisión de persoa a persoa como consecuencia do contacto estreito con persoas infectadas, en particular cos seus líquidos corporais.
Lavarse as mans frecuentemente, sobre todo despois de visitar familiares enfermos no hospital, así como despois de coidar enfermos no fogar.
Difundir mensaxes de información á poboación sobre as características da enfermidade e das medidas de control do brote, en particular a inhumación de cadáveres.
Previr a infección do ébola nos centros de saúde: isto refírese ao uso de medidas de illamento e utilización de equipos necesarios (luvas, tapabocas, batas) para reducir o risco de transmisión dende os enfermos cara ao persoal sanitario, como médicos, enfermeiras, así como técnicos de laboratorio que manipulan sangue e outros líquidos corporais dos pacientes infectados co virus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario