jueves, 29 de enero de 2015

CONSIGUEN FREAR A LUZ NO AIRE

Científicos escoceses conseguiron retardar a velocidade dos fotóns no espazo libre, é dicir, no aire. O efecto é similar ao dun equipo ciclista nunha contra o reloxo por equipos: aínda que o conxunto vai a unha velocidade constante, cando un dos ciclistas se deixa caer do primeiro posto ao último; vai máis lento.

Dende hai tempo sábese que a velocidade da luz se reduce lixeiramente cando pasa por materiais como a auga ou o vidro.
Investigadores da Universidade de Glasgow e a Universidade Heriot-Watt (Edinburgo), ambas as dúas de Escocia, lograron frear os fotóns no espazo libre por primeira vez, segundo publican esta semana en Science Express, que publica por adiantado en liña algúns artigos seleccionados para a revista Science. En concreto, demostraron que aplicando unha máscara a un feixe óptico se pode dar aos fotóns unha estrutura espacial que reduce a súa velocidade.




















Dous fotons salen a  vez, pero un deles chega con 
20 longitudes de onda de ventaxa sobre o outro.

jueves, 15 de enero de 2015

O REPARADOR SONO DOS BEBÉS É EN REALIDADE UNHA FONTE DE APRENDIZAXE

Segundo un artigo publicado na revista Proceedings of National Academy of Science (PNAS), durmir a sesta é clave para fixar o que aprenden os bebés.

A esta conclusión chegaron científicos da Universidade de Sheffield(Reino Unido) e da Universidade Ruhr de Bochum (Alemaña), tras realizar unha serie de experimentos nos que 216 bebés de entre seis e 12 meses tiveron que repetir certas accións con monicreques, catro horas despois de aprendelas por primeira vez.

Constatouse entón que aqueles que durmiron durante polo menos media hora nese intervalo obtiveron mellores resultados que os bebés que non durmiran e, ademais, seguiron retendo a información 24 horas despois

jueves, 8 de enero de 2015

AS PEGADAS DUNHA RÍADA NUNHA MESETA MARCIANA

Belos illotes e estreitas gargantas foron tallados por unha tumultuosa corrente de auga que sucou unha pequena rexión mesetaria de Marte, preto do sueste do gran sistema de canóns Vallis Marineris.
As imaxes capturadas o 7 de decembro pola Mars Express da ESA mostran a parte central de Osuga Valles, que ten unha lonxitude total de 164 quilómetros.
Se creee que inundacións catastróficas crearon a moi erosionadaOsuga Valles e as características que a compoñen. As canles arredor das illas no val indican que a dirección de fluxo foi cara ao nordés (abaixo á dereita), con rañuras estreitas no chan da canle que suxiren que a auga fluíu rápido.
As diferenzas na elevación, xunto coas relacións transversais das canles, suxiren que Osuga Valles experimentou varios episodios de inundacións. A vista en perspectiva, que está orientada coa dirección do fluxo de auga cara á parte superior da imaxe, mostra os detalles do fondo do val rañurar e as canles escavadas nas illas máis claramente.