jueves, 15 de enero de 2015

O REPARADOR SONO DOS BEBÉS É EN REALIDADE UNHA FONTE DE APRENDIZAXE

Segundo un artigo publicado na revista Proceedings of National Academy of Science (PNAS), durmir a sesta é clave para fixar o que aprenden os bebés.

A esta conclusión chegaron científicos da Universidade de Sheffield(Reino Unido) e da Universidade Ruhr de Bochum (Alemaña), tras realizar unha serie de experimentos nos que 216 bebés de entre seis e 12 meses tiveron que repetir certas accións con monicreques, catro horas despois de aprendelas por primeira vez.

Constatouse entón que aqueles que durmiron durante polo menos media hora nese intervalo obtiveron mellores resultados que os bebés que non durmiran e, ademais, seguiron retendo a información 24 horas despois

1 comentario:

  1. Moi interesante esta entrada de psicoloxía. Inda nos queda moito por saber da función que ten o sono. Bótase en falta unha ligazón. A imaxe é moi linda. Segue así Andrea.

    ResponderEliminar