jueves, 6 de noviembre de 2014

A NAVE ESPACIAL ROSETTA SERÁ A PRIMEIRA EN ATERRAR NUN COMETA

A nave espacial Rosetta de la Agencia Espacial Europea podería converterse na primeira misión en aterrar unha sonda nun cometa. Será o próximo novembro, sobre o Churyumov-Gerasimenko. A sonda comezou a súa viaxe o 2 de marzo de 2004, seguindo unha complexa traxectoria que incluía tres aproximacións á Terra e unha a Marte. De camiño ao seu obxectivo, sobrevoou e fotografou dous asteroides: Steins, o 5 de setembro de 2008, e Lutetia, o 10 de xullo de 2010.

A misión pretende estudar o cometa dende preto, para coñecer que papel xogaron estes corpos -a orixe de gran parte da auga da Terra e algúns creen que ata de elementos para a vida-, na evolución do Sistema Solar.



1 comentario:

  1. Moi ben, Andrea. Suxíroche que escribas outro post agora que Philae xa está sobre o cometa. Segue así!

    ResponderEliminar