jueves, 13 de noviembre de 2014

A MISIÓN ROSETTA FAI HISTORIA: PHILAE ATERRA POR PRIMEIRA VEZ SOBRE UN COMETA

Aínda que as manobras comezaron dende este martes 11 de novembro, non foi ata as 9.30 h deste mércores día 12 cando a sonda Rosetta liberou a Philae, o robot encargado de pousarse no punto bautizado como Agilkia. O nome deste foi elixido entre 8.000 propostas enviadas dende 135 países á ESA.

De feito, a confirmación da liberación tardou unha media hora en chegar a causa da eorme distancia que separa ao enxeño da Terra, uns 500 millóns de quilómetros. Como o vehículo non tiña propulsión, a caída durou unhas sete horas.
Philae só ten batería abondo para uns dous días. A partir de entón, o seu superviviencia dependerá da capacidade de recarga dos seus paneis solares e de que estes non se manchen demasiado.

O obxectivo da misión, lanzada pola ESA en 2004, é estudar os materiais que o compoñen, moi similares aos que formaban os planetas hai máis de 4.000 millóns de anos.

Está previsto que Rosetta acompañe o cometa na súa aproximación ao sol en agosto do ano que vén, nunha viaxe suicida. En decembro, esta misión espacial tocaría á súa fin, definitivamente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario