miércoles, 10 de junio de 2015

A CREATIVIDADE PARECE COMPARTIR RAICES GENÉTICAS CA ESQUIZOFRENIA E O TRASTORNO BIPOLAR

Os xenes relacionados coa creatividade poderían aumentar o risco de desenvolver esquizofrenia e trastorno bipolar, segundo unha nova investigación.

En estudos anteriores identificouse unha conexión entre a creatividade e alteracións psiquiátricas como o trastorno bipolar, pero non quedara claro se esta asociación se debe a xenes comúns. Un novo estudo, avala a idea dunha influencia directa exercida sobre a creatividade por xenes encontrados en persoas con esquizofrenia e trastorno bipolar.
Aínda que a creatividade é difícil de definir dende o punto de vista científico, os investigadores consideran creativa unha persoa que adopta metodoloxías novidosas as cales requiren procesos cognitivos que son diferentes dos modos imperantes de pensar ou de expresarse. Iso promove a orixinalidade e é un motor da arte, pero tamén das ideas revolucionarias que a miúdo son a base de avances científicos e saltos tecnolóxicos.
Esquizofrenia e trastorno bipolar son trastornos que afectan aos pensamentos e ás emocións, o que significa que aqueles que os sofren mostran alteracións no procesamento cognitivo e emocional.
Entón se estar loco e malo e discriminatorio e esto esta relacionado ca creactividade, deberiamos non ser creativos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario