Esta alumna da universidade Rey Juan Carlos, crea este proxecto pensado para guiado nos interiores xa que o propio bastón, xunto cunha apicación mobil dirixe a persoa desde un orixe ata un destino.
No video explicase graficante como funciona este extraordinario elemento, pero podemos completalo con máis información.
O prototipo de bastón basea o seu funcionamento na tecnoloxíaRFID -como as tarxetas sen contacto bancarias ou do aboamento transporte-, a cal permite, grazas a un lector instalado ao final deste prototipo, ler a información dunha serie de etiquetas colocadas no chan dun edificio.
A devandita información é filtrada por un microcontrolador incorporado ao bastón e transmitida ao teléfono empregando tecnoloxía Bluetooth. O teléfono recibe os datos, que indican o punto onde se encontra a persoa e comunica os pasos que debe seguir mediante indicacións por voz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario