Os beneficios na función pulmonar avanzaron en paralelo coa mellora da calidade do aire nas comunidades estudadas, e ao longo da conca de Los Ángeles, a medida que se arraigaron as políticas de loita contra a polución.
En moitos estudos, medíranse os efectos da contaminación sobre a saúde mediante a comparación de lugares con diferente calidade do aire. A dificultade para validar debidamente investigacións baseadas nese tipo de comparacións é que hai que descartar primeiro outros factores que poderían intervir nas diferenzas de saúde entre as comunidades, e iso non é doado.
Grazas a un seguimento de máis de 2.000 nenos nos mesmos lugares no transcurso de máis de dúas décadas, e realizando os axustes pertinentes por idade, xénero, etnia, estatura, enfermidades respiratorias e outras variacións, o estudo proporciona probas claras de que unha maior calidade do aire xa trae por si mesma beneficios para a saúde, beneficios que tenden a manterse durante o resto da vida para os nenos que respiraron aire máis limpo durante os anos críticos do seu crecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario